|
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasnos e dianhos, espritos
das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras.
Pobres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas. Lume das
Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos,
tronos e raios. Oubeo do can, pregon da morte, foucinho do satiro
e pe do coello. Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados
dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida.
Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira,
guedella porra da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do
inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar
na praia das areas gordas. ¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que
non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres
dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si e verdade
que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede
cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nos desta
queimada.
|